Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta de Galicia dá luz verde a máis prazas públicas para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia dá luz verde a máis prazas públicas para persoas con discapacidade

O Goberno galego impulsa a creación de 140 prazas para atención a nenos e maiores no rural

G24.gal 22/04/2024 14:58

O Goberno galego avanza nun dos seus compromisos para os 100 primeiros días do novo executivo. Crearanse un total de 166 prazas públicas de atención diúrna e residencial a persoas con discapacidade que estarán distribuídas por toda a comunidade. Investiranse máis de 14 millóns e medio de euros nos próximos catro anos.

"Era unha demanda histórica destas entidades co obxectivo de blindar máis de cinco mil prazas de atención en centros de día e residencias en toda Galicia. E facilitar algo moi imporante que é a certeza dos usuarios e as súas familias que van poder ser atendidos na súa contorna sen necesidade  de ter que desprazarse a lugares máis afastados", di Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

O Consello da Xunta tamén aprobou dúas ordes de axudas para a posta en marcha de 8 novas casas niño con 40 prazas. E doutras 20 casas do maior que permitirán dispoñer dun cento de novas prazas.  En total máis de 2 millóns de euros para 140 prazas de atención aos pequenos e maiores do rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos