Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta creará os catro primeiros centros integrais de atención 24 horas ante a violencia sexual

A Xunta creará os catro primeiros centros integrais de atención 24 horas ante a violencia sexual

Abrirán nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago e Vigo

Están incluídos no Plan España protéxete, que prevé estes servizos ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno central

G24.gal 25/02/2023 13:03 Última actualización 25/02/2023 13:31

A Xunta anunciou este sábado a sinatura dun acordo de colaboración entre as súas consellerías de Promoción do Emprego e Igualdade e de Sanidade para habilitar os catro primeiros centros de atención integral a vítimas de violencia sexual, que operarán as 24 horas do día e os 365 días do ano.

O Goberno autonómico sinalou que os titulares de ambos os departamentos, María Jesús Lorenzana e Julio García Comesaña, rubricaron o convenio que permitirá a apertura destas instalacións nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo.

A iniciativa enmárcase no Plan España protéxete, que contempla a creación destes servizos ao amparo do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno central.

Promoción do Emprego e Igualdade transferirá a Sanidade dous millóns de euros para poñer en marcha as dependencias. Estes centros ofrecerán acompañamento e información telefónica, telemática e presencial ás vítimas de agresións sexuais, que poderán solicitar atención psicolóxica, xurídica e social tanto para elas como para os seus familiares e persoas da súa contorna.

O "emprazamento facilitará unha coordinación mellor dos servizos na atención de emerxencia ás posibles vítimas de violencia sexual", explica a Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade