Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta conxelará as peaxes entre Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo

A Xunta conxelará as peaxes entre Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo

O Goberno Galego asumirá o custo do incremento para evitar que chegue aos usuarios

G24.gal 26/09/2022 15:33

A conxelación das peaxes nos treitos Vigo-Baiona e A Coruña-Carballo chega nun complicado escenario económico. O obxectivo é evitar o impacto da suba do IPC sobre os usuarios. 

O vindeiro ano as tarifas terían que incrementarse nun 10 por cento. A Xunta asumirá o custo que se calcula en tres millóns e medio de euros.  

A conxelación únese ás bonificacións por familia numerosa e para os que fan a viaxe de ida e volta. Trátase de vías moi transitadas por cuestións de traballo. Neste momento a peaxe entre Vigo e Baiona custa 1,70 e a da autoestrada A Coruña-Carballo, 2,60. E así se van quedar en 2023, cunha suba neutralizada pola Xunta.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade