Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta conectará os polígonos das Gándaras e do Ceao coa A-6

A Xunta conectará os polígonos das Gándaras e do Ceao coa A-6

O presidente da Xunta e a alcaldesa de Lugo fixeron avanzar ese martes varios proxectos conxuntos

G24.gal 09/07/2024 20:34

O presidente da Xunta segue a rolda de reunións cos alcaldes,  este martes coa rexedora de Lugo. Alfonso Rueda e Paula Alvarellos acordaron impulsar varios proxectos para a cidade, como a conexión dos polígonos industriais coa autovía A-6.

A xuntanza durou hora e media e nela fixéronse avanzar varios proxectos na cidade que dependen de Xunta e Concello.

O presidente comprometeuse a conectar os polígonos das Gándaras e do Ceao coa A-6 e a construír un aparcadoiro para transportistas. 

Paula Alvarellos destaca a sensibilidade de Rueda ás súas demandas.

O presidente reivindica os investimentos da Xunta en Lugo en vivenda pública e centros sanitarios. En materia de infraestruturas, Rueda comprometeuse a estudar un novo trazado da rolda leste e tendeu a man para reclamarlle ao Goberno a mellora da conexión ferroviaria.

Rueda e Alvarellos acordaron reunirse polo menos unha vez ao ano para facer seguimento dos acordos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar