Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta chama a vacinar os nenos e confía nunha alta participación

A Xunta chama a vacinar os nenos e confía nunha alta participación

Esta mañá empezáronse a administrar as vacinas aos nenos inmunodeprimidos nos hospitais

Feijóo confía en que este proceso, para o que se require o consentimento asinado, siga a "normalidade" que caracterizou o dos adultos

G24.gal 15/12/2021 09:34

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aconsellou este mércores a vacinación infantil que empeza hoxe para "non desperdiciar a oportunidade" de protexer os nenos e, desta forma, a profesores, pais e avós.

"É algo que levamos esperando hai meses", dixo tras participar nunha xornada na Coruña, onde trasladou a "mensaxe de esperanza" que supón "por fin" poder vacinar os nenos.

Esta mañá empezáronse a administrar as vacinas aos nenos inmunodeprimidos nos hospitais, e esta tarde empezarán os primeiros 12.000 convocados en centros de vacinación ata completar, o sábado, os 60.000 de 11 anos, 10 e a metade dos de 9.

O presidente confía en que este proceso, para o que se require o consentimento asinado, siga a "normalidade" que caracterizou o dos adultos, un ámbito en que cre que haberá "boas noticias" porque espera máis vacinas na primeira semana de xaneiro para continuar vacinando ao ritmo que se vaian facilitando doses.

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, animou os pais a que leven os seus fillos a vacinar e afirmou que "confían nunha alta participación" como a que houbo no grupo dos mozos de entre 12 e 16 anos.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade