Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta busca alternativas para mellorar a alta velocidade

A Xunta busca alternativas para mellorar a alta velocidade

Cambio do ancho de vía internacional nas liñas do AVE será imprescindible

Permitirá a circulación dos trens de operadores privados

G24.gal 18/01/2022 19:32

A Xunta busca alternativas para mellorar a alta velocidade en Galicia. Unha das propostas que levará ao Ministerio é cambiar o ancho de vía que permitiría a circulación dos trens de operadores privados.

Na actualidade o ancho de vía ibérico de Galicia tan só permite a circulación aos trens AVE de Renfe. Para o Goberno galego o cambio ao ancho de vía internacional é unha actuación imprescindible xa que fará posible que poidan operar outras opcións entre Ourense e Santiago. 

A reunión co Ministerio de Transportes será o próximo venres. A Xunta  quere saber como e cando se levará a cabo o cambio de ancho de vía que conta co aval dos técnicos. 

Tamén os empresarios galegos apostan por facer a alta velocidade máis competitiva. 

A estimación do custo da obra roza os 35 millóns de euros e tería un prazo de execución de entre nove e doce meses. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade