Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta avoga polo cultivo sostible para dar resposta á crecente demanda de peixe e marisco

A Xunta avoga polo cultivo sostible para dar resposta á crecente demanda de peixe e marisco

152 expositores de 23 países participan no I Salón Internacional de Acuicultura en Silleda

O sector facturou un 16 % máis no último exercicio segundo un balance provisional

A conselleira Rosa Quintana inaugurou Acuafuture Spain 22
G24.gal 23/03/2022 14:52

A Consellería de Pesca aposta polo cultivo sostible de produtos do mar para dar resposta á crecente demanda global de peixe e garantir a seguridade alimentaria. Díxoo a conselleira Rosa Quintana na inauguración do Salón Internacional Acuícola que se celebra en Silleda.

A facturación do sector acuícola galego medrou un 16 % no último exercicio, no que superou as 22.000 toneladas de produción. Son datos provisionais que facilitou a Conselleira de Pesca na inauguración do Salón Internacional da Acuicultura, Acuafuture Spain. A conselleira sinalou que este sector é indispensable para o mercado alimentario.

"Está chamado a ser a resposta á crecente demanda global de peixe e marisco. Nas nosas rías practícase unha pesca extractiva responsable que se conxuga á perfección coa actividade acuícula", dixo Rosa Quintana, conselleira de Pesca.

"É un sector en crecemento que cada ano é máis importante na cadea da alimentación", engadiu Juan Lijo, director de Acuafuture Spain.

E a primeira feira internacional de acuicultura que se celebra en España nos últimos 10 anos, e, segundo os organizadores, superou todas as expectativas de participación, xa que agardaban 80 e hai 152 expositores de 23 países. Venden e amosan novidades en materia de gaiolas para peixe, bateas, cordas, redes ou tecnoloxía para a industria acuícola e conserveira.

"Vexo Acuafutura Spain como ese espazo que nos vai facer consolidar a competitividade do noso sector", sinalou Quintana.

"Esta feira o que vai facer é potencialo, e esperemos aumentar moito o negocio das empesas tanto galegas como internacionais", augurou Juan Lijó.

Para 2023, os organizadores confían en achegarse á feira norueguesa, a primeira do mundo, que leva 40 edicións e conta con 600 expositores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade