Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba máis de 10.000 prazas de estabilización do emprego público

A Xunta aproba máis de 10.000 prazas de estabilización do emprego público

Case 6.200 correspóndense coa Administración xeral, sanidade sumará case 2.600 e educación, preto de 1.300

Dase cumprimento "obrigado" á lei estatal impulsada para reducir a temporalidade na administración

G24.gal 25/05/2022 15:00

O segundo consello ordinario de Alfonso Rueda como presidente da Xunta aprobou os decretos da oferta de emprego público para estabilizar 10.022 prazas da Administración autonómica. Delas, 8.300 adxudicaranse por concurso de méritos. Será para aquelas prazas que leven sendo ocupadas de forma temporal ininterrompidamente dende o 1 de xaneiro de 2016 ou antes. As outras 1.600 serán a través do sistema de concurso oposición. A Sanidade será unha das principais beneficiadas pola estabilización.

"Van supoñer a incorporación de 11.000 profesionais con vínculo fixo ao sistema sanitario galego. Esto coloca a taxa de temporalidade no sistema sanitario público galego en menos do cinco por cento", dixo Alfonso Rueda.

No ensino público serán 1.281 as prazas de estabilización de docentes. O presidente da Xunta di que este proceso dá cumprimento á normativa, malia que Galicia xa cumpre co obxectivo de interinidade docente esixido polo Goberno central. "A Xunta levaba bastantes anos inmersa nun proceso de estabilización para ter plantillas ben dimensionadas", asegurou o titular do executivo galego.

A oferta de emprego publicarase antes do vindeiro 1 de xuño.

O Goberno galego tamén aprobou case sete millóns de euros para mellorar a conciliación das familias. Beneficiaranse mais de 12.000 familias galegas con fillos menores de 16 anos. Prevese a contratación de medio cento de técnicos que colaboren neses servizos de conciliación.

Tamén acordaron investir tres millóns de euros en axudas a empresas. Máis de 200 negocios poderán beneficiarse con ata 74.000 euros. Son achegas para transformación dixital e mellora da eficiencia enerxética. Tamén se poden destinar a recuperar negocios en crise ou sen remuda xeracional.

Ademáis haberá outra liña de axudas de 850.000 euros para modernizar salas de cinema.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade