Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta aproba o plan hidrolóxico Galicia-Costa para mellorar a calidade das augas

A Xunta aproba o plan hidrolóxico Galicia-Costa para mellorar a calidade das augas

Ten 212 medidas e un orzamento de 1.885 millóns de euros

G24.gal 19/05/2022 15:43 Última actualización 19/05/2022 16:00

O Consello da Xunta deste xoves, o primeiro ordinario que se celebra con Alfonso Rueda de presidente, aprobou o novo Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027, dotado con 1.885 millóns de euros para mellorar a calidade das augas.

Entre as 212 medidas que prevé o plan están as accións de prevención contra os efectos do cambio climático e fenómenos extremos, como a seca; tamén seguir regulando a compatibilidade entre a actividade industrial ou agrícola e a preservación do medio e garantirlles a subministración de auga a proxectos económicos en determinadas zonas.

"Despois do abastecemento á poboación, que é o máis importante, van ter prioridade as solicitudes que proveñan de proxectos industriais de transición enerxética xusta en zonas afectadas por peches de centrais térmicas, como por exemplo As Pontes e Meirama. Así que proxectos que se instalen alí que necesiten auga terán unha prioridade dentro deste plan", explicou Alfonso Rueda.

Di o presidente da Xunta que o 80% das masas de auga da demaración Galicia-Costa están en bo estado e que o obxectivo é chegar ao 100% no 2027, de aí que 933 millóns dos 1.885 que suma o plan se destinen a saneamento e depuración.

PLAN DE IGUALDADE

O Consello da Xunta tamén aprobou o Plan estratéxico de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que terá un orzamento de case mil millóns de euros. Implica todas consellerías e inclúe medidas para acabar coa fenda salarial, fomentar a presenza das mulleres na ciencia, axudas á conciliación ou accións para erradicar a violencia machista.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos