Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba a Estratexia de Economía Azul de Galicia

A Xunta aproba a Estratexia de Economía Azul de Galicia

A Administración galega investirá 115 millóns neste sector ata o 2027 para "situar a Galicia como referente internacional"

G24.gal 04/11/2024 14:59

O Consello da Xunta aprobou este luns a Estratexia de Economía Azul de Galicia á que se van destinar máis de 115 millóns de euros ata 2027.

Esta iniciativa, segundo explicou Alfonso Rueda, busca situar Galicia como un referente internacional nos sectores emerxentes deste ámbito, garantindo a sustentabilidade da pesca, marisqueo e acuicultura e fomentando a I+D+i.

Destes 115 millóns, 40 irían destinados a apoiar o sector na transformación dixital e o uso das enerxías renovables, a colaboración entre o sector da biotecnoloxía e da acuicultura. 11 millóns e medio serán para un acelerador especializado en proxectos de economía azul. 28,6 millóns destinaranse a mellorar a competitividade do sector, 20,5 millóns para protexer o patrimonio mariño de Galicia, 8 millóns irían a mellorar as condicións laborais das persoas que traballan no sector e atraer talento e outros o 8 millóns para avanzar na difusión na importancia da economía azul.

Ademais, na reunión semanal do Executivo galego aprobouse destinar 9,3 millóns a reforzar o equipamento científico e de innovación das tres universidades públicas galegas.

Xunto a isto, explicou Rueda, vaise crear unha plataforma para que os centros de investigación das universidades compartan os seus recursos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos