Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba 1,2 millóns en axudas para rehabilitar vivendas no Camiño e na Ribeira Sacra

A Xunta aproba 1,2 millóns en axudas para rehabilitar vivendas no Camiño e na Ribeira Sacra

As axudas poden solicitarse xa e o prazo rematará o 23 de outubro

As case 600 axudas concedidas nas Áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra permitiron a recuperación de 1.500 vivendas desde 2021

G24.gal 24/09/2024 16:39

A Xunta de Galicia lanza unha nova convocatoria da liña de axudas para as Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e a Ribeira Sacra, ás que destina un orzamento total de 1,2 millóns de euros.

En concreto, a Xunta destina uns 865.000 euros ás rehabilitacións na ARI dos Camiños de Santiago e máis de 360.000 euros para a Ribeira Sacra. Tras a publicación, o pasado luns, da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), poden solicitarse as axudas ata o 23 de outubro.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou en Vilamarín (Ourense) unha das vivendas rehabilitadas a través destas achegas, que obtivo un apoio de 34.000 euros.

Así, as case 600 axudas concedidas pola Xunta para actuacións de rehabilitación e renovación nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra permitiron a recuperación de 1.500 vivendas desde o ano 2021.

A conselleira remarca que estas rehabilitacións constitúen "un motor de desenvolvemento económico para os lugares polos que transcorren os itinerarios dos Camiños". "Son actuacións que xeran emprego e atraen investimentos, revitalizando barrios", valora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos