Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amplíase o prazo para apuntarse no programa Xuntos polo Nadal

Amplíase o prazo para apuntarse no programa Xuntos polo Nadal

O programa está destinado a evitar a soidade das persoas maiores 

O prazo para inscribirse remataba hoxe, pero amplíase ata o vinceiro 5 de decembro 

 

G24.gal 01/12/2022 14:46

Nas residencias de tempo libre do Carballiño e na de Panxón ultiman os preparativos para recibir estas persoas. Os requisitos son ter máis de 60 anos e vivir sós.

En total hai 540 prazas repartidas en dúas quendas: a primeira entre o 22 e o 29 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro ata o 7 de xaneiro.

Para apuntarse hai tres opcións, cada un no seu concello, nos centros de atención social ou tamén por Internet na web da Xunta.

"Esperamos que a xente se anime e veña disfrutar a calor do Nadal connosco e co resto da xente de Galicia que se anime a vir", dixo Pilar Sotelo, directora da residencia de tempo libre do Carballiño.

A estancia, de sete días, inclúe almorzo, xantar, cea e cuarto, ademais, dun completísimo programa de actividades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade