Publicador de contidos

Publicador de contidos

A auga da traída municipal de Malpica non é apta para o consumo

A auga da traída municipal de Malpica non é apta para o consumo

A lei do ciclo integral da auga que grava as fugas entra en vigor o 1 de setembro

A Xunta insta os concellos de Vigo, Nigrán e Baiona a intensificar o aforro de auga ante os niveis dos encoros de Zamáns e de Bahíña

G24.gal 13/08/2022 13:35 Última actualización 14/08/2022 04:46

A auga da traída municipal de Malpica non é apta para o consumo. Non se pode beber nin cociñar con ela, pero si se pode empregar para o aseo.

O concello informou a última hora deste sábado, tras coñecer os resultados dunha análise efectuada pola Consellaría de Sanidade que dá un valor superior ao permitido en trihalometanos. Ese valor supón que a auga leva un exceso de materia orgánica e iso está directamente relacionado coa seca. Como o río leva tan pouca auga, a concentración de materia orgánica é moito maior.

Polo menos ata o martes non se poderá utilizar a auga, segundo dixo o alcalde, Eduardo Parga. Si poderá empregarse para a hixiene persoal ou pra regar.

O rexedor do concello coruñés ordenou purgar as canalizacións e repetir as probas. Ademais, dende o concello están traballando para poder subministrarlle auga á hostalaría e ás vivendas que o precisen.

O Concello e Augas de Galicia reuniranse esta próxima semana para analizar a situación.

En Malpica viven máis de 5.000 persoas, pero esa cifra é moito maior agora no verán por mor dos visitantes que recibe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos