Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta acusa a Vestas de dinamitar o diálogo cos investidores

A Xunta acusa a Vestas de dinamitar o diálogo cos investidores

Demandan tamén unha maior implicación do Goberno central

G24.gal 17/12/2021 17:31

A Xunta de Galicia denunciou este venres que a multinacional eólica Vestas, “coa súa actitude”, está a botar por terra “calquera posibilidade de venda” da fábrica de aeroxeradores de Viveiro, “a única saída para manter activa a planta e preservar os postos de traballo”.

A conselleira de  Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe en Santiago unha reunión con membros do comité de empresa e representantes sindicais, aos que lles comunicou que os investidores interesados en facerse coa propiedade da planta cos que contactara a Xunta botáronse para atrás “ante as trabas postas pola multinacional”.

“Vestas non está interesada en vender, non quere que ningún outro operador adquira a factoría e leve a cabo un proceso de reindustrialización na fábrica para poder manter o emprego”, dixo a conselleira ao terminar o encontro cos traballadores.

En todo caso, Lorenzana dixo que o Goberno galego seguirá “á beira” dos traballadores afectados polo ERE e continuará “traballando na procura doutros compradores”.

Ademais, esixiu contar nese empeño “cunha maior implicación do Goberno central”, que está “practicamente desaparecido neste conflito, pola súa pasividade para localizar compradores e pola súa mínima implicación na procura dunha solución”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar