A Xunta activa unha liña de axudas para rehabilitar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
A Xunta activa unha liña de axudas para rehabilitar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
As subvencións poden chegar aos 30.000 euros e cubrir ata o 75 % das obras
A Xunta activou unha nova liña de axudas para a rehabilitación de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes, con subvencións que poden acadar os 30.000 euros por inmoble.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas explicou que a iniciativa busca revitalizar estes municipios e contribuír a asentar poboación no rural.
O Goberno galego destina a esta convocatoria un orzamento de 5 millóns de euros de carácter bianual, con fondos autonómicos pero a contía poderá ampliarse se a demanda supera o crédito inicial.
As axudas cubrirán ata o 75 % do custo das obras de rehabilitación.
O prazo de solicitudes abre o 21 de xaneiro
A convocatoria publícase este martes no Diario Oficial de Galicia. O prazo para presentar solicitudes abrirá o vindeiro 21 de xaneiro.
As peticións poderán rexistrarse ata o 1 de setembro ou ata que se esgote o crédito dispoñible.
Esta nova liña súmase a outras medidas da Xunta para impulsar o acceso á vivenda.
Entre elas figuran as axudas para a compra de vivendas en concellos de menos de 10.000 habitantes, con importes máis elevados para persoas menores de 36 anos.
Inclúense tamén subvencións para rehabilitar vivendas de titularidade municipal.
A Xunta mantén, ademais, axudas para actuacións en concellos con Áreas de Rehabilitación Integral.
Outras liñas apoian a reforma de vivendas situadas no Camiño de Santiago e na Ribeira Sacra.
O Goberno galego puxo en marcha tamén o programa Fogar Vivo, que ofrece axudas de ata 16.000 euros para recuperar vivendas baleiras.