Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta licita as obras para 172 novas vivendas en Navia (Vigo) por 37 millóns

A Xunta licita as obras para 172 novas vivendas en Navia (Vigo) por 37 millóns

Rueda trasladou que están en marcha, en diferentes fases de tramitación, 919 inmobles públicos en Navia, o que representa máis da metade das 1.600 vivendas previstas

A previsión é que as obras de urbanización nesta zona estean concluídas en maio

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o acto de licitación de obra nunha parcela de Navia para 172 vivendas de promoción pública en Vigo, este mércores. EFE/Salvador Sas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante o acto de licitación de obra nunha parcela de Navia para 172 vivendas de promoción pública en Vigo, este mércores. EFE/Salvador Sas.
G24.gal 11/03/2026 16:04

A Xunta de Galicia licitou as obras para construír 172 novas vivendas por 37 millóns de euros no barrio de Navia, en Vigo, ao que acudiu este mércores o presidente autonómico, Alfonso Rueda.

Serán dous bloques con fachadas construídas con técnicas industrializadas, que permiten, en palabras do dirixente galego, "construír máis rápido sen baixar a calidade".

Os edificios contarán con prazas de garaxe, rochos e varias vivendas adaptadas a persoas con mobilidade reducida.

O titular do Goberno galego visitou as obras de urbanización do Polígono 2 de Navia xunto á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e, tras conversar co responsable da empresa construtora, indicou na súa intervención que a previsión é que os traballos estean concluídos en maio.

Precisou, con todo, que a data final dependerá das circunstancias meteorolóxicas, porque "non deixa de chover e iso complica todo", e das derivadas da "conflitividade no mundo", xa que "as guerras encaréceno todo e fano máis difícil".

Rueda trasladou que están en marcha, en diferentes fases de tramitación, 919 inmobles públicos en Navia, o que representa máis da metade das 1.600 vivendas previstas nesta promoción.

Así, 309 inmobles atópanse en construción, outras 215 teñen licitadas as obras e proximamente aprobarase a licitación de 395 máis, das que 80 serán aloxamentos compartidos para menores de 36 anos.

En conxunto, o Goberno autonómico ten comprometidos 248 millóns de euros para Navia, dos que xa están en execución 134 millóns.

En Vigo, tal e como lembrou Rueda, a Xunta está a realizar os trámites necesarios para habilitar novo chan residencial no que promotores e cooperativistas constrúan outras 3.400 vivendas, a maioría protexidas.

Delas, 2.000 forman parte do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) aprobado para o barrio de Lavadores, mentres que outras 1.400 levantaranse no ámbito de Ramón Nieto con outro PIA en tramitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade