Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel di que os ataques a Irán continuarán "sen límite de tempo" ata lograr obxectivos

Israel di que os ataques a Irán continuarán "sen límite de tempo" ata lograr obxectivos

O ministro israelí de defensa insta o pobo iraniano a actuar para derrocar o réxime

Funeral en Teherán por militares mortos na guerra cos EUA e Israel, este mércores (Reuters) Funeral en Teherán por militares mortos na guerra cos EUA e Israel, este mércores (Reuters)
G24.gal 11/03/2026 13:02 Última actualización 11/03/2026 14:01

O ministro israelí de Defensa, Israel Katz, asegurou este mércores que a ofensiva militar do seu país e os Estados Unidos contra Irán "continuará sen límite de tempo" ata que se logren "todos os obxectivos" e se gañe "a campaña".

"Seguiremos actuando para esmagar o réxime e os seus obxectivos estratéxicos en Teherán e en todo Irán, día tras día, obxectivo tras obxectivo", dixo o ministro nun discurso durante unha avaliación da situación xunto con altos mandos militares remitido polo seu ministerio nun comunicado.

Ademais, reiterou a mensaxe do Goberno israelí de que debe ser o pobo iraniano o que "se levante, actúe e derroque a este réxime".

"En última instancia, depende deles", insistiu.

Katz afirmou que "os líderes iranianos sobreviventes foxen como ratas cara aos túneles", desde onde dixo que ordenan os ataques.

Engadiu que "as cámaras frigoríficas dos hospitais iranianos están cheas de miles de efectivos da Garda Revolucionaria e o Basij", algo que, asegurou, se descoñece porque Irán controla a conexión a Internet no país.

No seu discurso, Katz comparou os líderes da República Islámica cos de Hamás na Franxa de Gaza, afirmando que están "aliñados" e que ambos se esconden en túneles.

Irán non ofrece un balance oficial do número de mortos na guerra cos Estados Unidos e Israel desde o xoves 5, cando afirmou que 1.230 persoas faleceran, sen discernir entre civís e militares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade