A Xunta aconséllalle á poboación de risco non facer actividade de exterior pola mala calidade do aire en Vigo e na Costa da Morte
A Xunta aconséllalle á poboación de risco non facer actividade de exterior pola mala calidade do aire en Vigo e na Costa da Morte
A Xunta aconséllalle á poboación de risco non facer actividade de exterior pola mala calidade do aire en Vigo e na Costa da Morte
Vázquez recoñeceu que a calidade do aire que se respira empeorou nas últimas horas debido ao fume que chega desde os incendios de Portugal
Protección Civil portuguesa espera ter controlados os incendios este venres
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez, recomendou a colectivos de risco que non realicen actividades continuadas no exterior debido á mala calidade do aire en zonas como Vigo, Pontevedra e Costa da Morte.
Os ceo destas zonas está cuberto polo fume que chega dende os incendios do norte de Portugal.
Vázquez dixo que na tarde deste xoves mellorou un pouco a calidade do aire. Pero que seguimos en prealerta en Vigo e na súa zona de influencia.
Segundo dixo, este pasado mércores o fume era visible en altura, pero non afectaba o aire que respiran os cidadáns. Con todo, isto cambiou este xoves, empeorando a súa calidade. Por iso, dixo que desde o Goberno galego se seguen realizando medicións e enviou unha mensaxe aos colectivos de risco para que procuren non levar a cabo actividades continuadas no exterior en zonas como Vigo ou Costa da Morte.
En concreto, a calidade do aire é "moi mala" na estación de medición de Coia, na Avenida Castelao de Vigo, e na do Leste, situada ao nordeste da factoría de Stellantis, no interior do recinto da empresa, en ambos os casos polo contaminante PM 2,5, segundo os datos de Meteogalicia.
Ademais, a calidade é "mala" debido, a este mesmo contaminante, en Cee , e en Vigo, en base ás medicións da estación situada no recinto do CEIP Lope de Vega, na rúa Emilia Pardo Bazán, así como a que hai no suroeste da factoría de Stellantis na mesma cidade.
En todos caso, a situación en xeral é dunha calidade do aire "favorable", o 61 %, ou boa (un 17, 1%). Polo momento, só é "mala" ou "moi mala" nun 12,1 %, e regular nun 9,8 % das medicións realizadas.
Ángeles Vázquez destacou que unha vez máis se constata que o problema do clima é "global" e sucesos que ocorren noutros países poden afectar o resto do mundo. "Ter o control a través das estacións situadas nos distintos lugares de Galicia dános a oportunidade de previr e é do que se trata. Facer a prevención para que despois non teñamos problemas. Estamos nesa fase de prealerta, polo que queremos trasladar a mensaxe á cidadanía, ademais do apoio aos nosos veciños portugueses", sentenciou.
Os incendios forestais en Portugal liberaron xa o nivel máis alto de emisións de carbono para setembro en 22 anos, sinalou este xoves o Servizo de Vixilancia Atmosférica de Copernicus (CAMS), o compoñente de vixilancia do clima do programa espacial europeo.
Este venres faranse novas medicións.