A xuíza ve indicios contra o procesado polo crime do Cash Récord do Ceao
Tamén cre que se lle poden atribuír os supostos delitos de roubo con forza e tenza ilícita de armas
A xuíza de instrución ve serios indicios de criminalidade no único procesado polo crime do Cash Récord do Ceao. Así o recolle a maxistrada no auto con que dá por rematada a investigación.
A xuíza finaliza a súa investigación e conclúe que hai indicios suficientes para relacionar o procesado cos asasinatos dunha caixeira e dun repoñedor no atraco ao supermercado Cash Récord do Ceao, hai 27 anos.
Tamén cre que se lle poden atribuír os supostos delitos de roubo con forza e tenza ilícita de armas. Así o recolle no auto que acaba de remitir á Audiencia de Lugo. Agora, este tribunal debe citar a todas as partes nun prazo de dez días, e decidir se arquiva o caso ou abre xuízo oral.