A Xihad Islámica anuncia un acordo de cesamento do fogo con Israel
Queda agora a confirmación israelí do pacto
A milicia palestina diapara un milleiro de foguetes

A Xihad Islámica Palestina anunciou este domingo que se alcanzou un acordo de cesamento do fogo con Israel para poñerle fin á escalada bélica de tres xornadas na franxa de Gaza. Os bombardeos causaron a morte de polo menos 43 palestinos, entre eles dous xefes militares da Xihad e máis de 300 feridos.
Un dirixente da Xihad Islámica exlicaba nunha mensaxe que recollía a prensa israelí: "Hai un momento chegamos a un consenso sobre o texto do acordo de tregua exipcio que inclúe o compromiso de traballar para lograr a liberación de dous prisioneiros".
Un deles era o máximo responsable da Xihad islámica na Cisxordania e detivérono a semana pasada en Xenín. O outro está tamén baixo custodia de Israel.
As autoridades da franxa de Gaza confirman polo momento 43 palestinos mortos e máis de 300 feridos, desde que comezou o episodio de violencia.