Publicador de contidos

Publicador de contidos

A web de Renfe, colapsada para mercar billetes rebaixados a Madrid

A web de Renfe, colapsada para mercar billetes rebaixados a Madrid

A venda de billetes a 25 euros só estivo operativa dez minutos

G24.gal 11/03/2024 14:36

Este era o día anunciado polo Ministerio para poñer á venda billetes moi rebaixados para viaxes a Madrid desde Galicia. A expectativa foi tan grande que a web estivo toda a mañá colapsada e só estiveron á venda dez minutos.

Serán dúas mil prazas semanais as que se oferten a 25 euros para Galicia e tamén para Asturias sen ter en conta que a capacidade da liña galega case triplica a asturiana. Isto significa que mentres que en Asturias se bonificarán o 12 por cento das prazas dispoñibles, en Galicia a porcentaxe non vai chegar nin ao 5 por cento.

Outra condición é que os descontos poderán gozarse entre os días 1 de abril e 6 de maio, sempre que a reserva se faga cun mínimo de dez días de antelación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade