A vinganza do Sanse deixa o Celta B sen marxe de erro
Onésimo repetiu o once inicial da última xornada e o equipo foi de menos a máis. Pelotazo ao longueiro no primeiro aviso de Borja Sánchez.
Carbonell de falta trata de sorprender desde o costado esquerdo arriba.
Adiantouse o equipo de Marcos Jiménez nesta acción que principia na liña de retagarda, ningún defensa celeste é quen de alonxar o balón e de primeiras Fer Ruíz, o capitán, adiantaba ao Sanse. 0 a 1, 6 goles para el nesta campaña. Un futbolista que se move ben por dentro e por banda.
E se o primeiro chegou nun córner desde a dereita, o segundo parte dun córner desde a esquerda. Erro na marca e aparece Carlos Barreda para face o 0 a 2. Faltaban cinco minutos para o descanso.
Na segunda metade melloraron as prestacións ofensivas dos locais e Fomeyén comete penalti sobre Miguel Rodríguez.
Losada colleu a responsabilidade e no minuto 57, na trixésimo primeira xornada marcaba o seu segundo tanto nesta campaña.
E no engadido, roubo de Alfon e ocasión clarísima de Cedric Teguía. O Sanse consumaba a súa vinganza polo 0 a 7 da ida e deixa ao Celta B sen marxe de erro para entrar en play off.