Publicador de contidos

Publicador de contidos

A velutina mingua entre un 10 e un 15 por cento a colleita de uva de Betanzos

A velutina mingua entre un 10 e un 15 por cento a colleita de uva de Betanzos

A caste máis afectada polo momento é a do branco lexítimo, que ten unha maduración máis temperá

Os viñedos tamén están a sufrir os estragos dos xabarís

G24.gal 27/08/2022 17:24 Última actualización 27/08/2022 18:16

Así comen a uva as avespas velutinas neste viñedo á beira do Mandeo, moi preto de Betanzos.

“Este ano temos un atraso do maínzo, na maduración do maínzo, debido á seca, e as velutinas teñen que comer. Onde está a fonte principal de azucre? Na uva", explica José Luis Sande, copropietario da Adegas Pagos de Brigante.

Nesta adega de creación recente levan tres anos producindo viño, e desde o comezo as velutinas son un problema grave, a pesar de que están a colocar trampas continuamente.

“Nós comezamos a produción en 2020 e xa nese ano tivemos un problema grave de diminución da produción. Pensamos que estamos nunha perda do 10 ou do 15 por cento no branco lexítimo, que é unha variedade que madura antes ca outras variedades e é a primeira en estar atacada pola velutina", asegura o copropietario da adega Pagos de Brigante.

As velutinas non son as únicas que estragan a uva, tamén os xabaríns. Os responsables desta adega quéixanse da falta de limpeza das leiras lindeiras.


"Isto prexudica moito o viñedo, porque as zonas máis próximas a estas parcelas vense atacadas polos xabaríns, polos paxaros ou polas velutinas, xa que a maleza é un refuxio importante para estes animais. As administracións deberían ser conscientes de que hai dúas leis, a lei de montes e a lei do solo, que obrigan a manter unhas faixas de limpeza arredor dos predios agrícolas”, explica Juan Manuel Veiga, xerente da Adega Pagos de Brigante.

O próximo martes as adegas da zona van manter unha xuntanza co Grupo de Desenvolvemento Rural das Mariñas e coas consellerías do Medio Rural e de Medio Ambiente para buscarlle unha solución ao problema das velutinas. Din que colocar redes para cubrir os viñedos pode unha ser un remedio pero reclaman axudas para poder instalalas debido ao seu alto custo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade