A veciñanza do Barbaña oponse á instalación das barracas das festas de Ourense
Os afectados din que provocan moito ruído, que afectan as árbores e que o lixo vai parar ao río
A asociación de veciños do Barbaña di que hai anos conseguiran con protestas que non se instalasen non barrio e non entenden porque agora volven
Ruídos e moito lixo que vai parar ao río. É a principal queixa da veciñanza que se opón a que se instalen as barracas no Barbaña. Insisten en que o parque Barbaña non é o lugar apropiado para as atraccións de feira, que algunhas mesmo quedan moi preto das vivendas.
Cren que o Concello de Ourense debería buscar un espazo onde se poidan poñer as barracas con garantías de seguridade e equilibrando, din, o desfrute das festas co mantemento da vida veciñal. Pola contra, outros ourensáns están a favor de que se poñan no Barbaña as atraccións.
Malia a oposición da Asociación de veciños do Barbaña, a partir da semana que vén as barracas das festas grandes de Ourense poranse aquí, dende o Concello consideran que é o mellor sitio.