Publicador de contidos

Publicador de contidos

A variante ómicron xera dúbidas sobre a efectividade das vacinas actuais

A variante ómicron xera dúbidas sobre a efectividade das vacinas actuais

Moderna anticipa que a súa fórmula perderá eficacia

Pfizer e Janssen traballan xa en vacinas máis específicas 

G24.gal 01/12/2021 07:48

A variante ómicron trae consigo moitas dúbidas. Entre elas, a eficacia das vacinas actuais. 

O director executivo de Moderna admitiu que vai caer a efectividade da súa fórmula contra esta variante. Di que faltan datos, pero que todos os científicos agardan esa mala noticia.

Tanto Janssen como Pfizer traballan xa nunha nova versión das súas vacinas máis específicas para esta variante en caso de que se confirme a perda da efectividade.

E entran en escena tamén novas vacinas melloradas fronte ás actuais, como a española Hipra. A ministra de Ciencia explicou que xa recombina as proteínas dalgunhas variantes como alfa e beta e que pode ser máis eficaz tamén fronte á ómicron. 

Haberá que agardar ás próximas semanas para que se confirme se é necesario reformular as vacinas actuais.  En todo caso, a base xa estaría probada, así que o proceso sería rápido. Na Axencia Europea do Medicamento calculan que en tres ou catro meses xa poderían estar aprobadas as novas fórmulas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade