Publicador de contidos

Publicador de contidos

A valenciana Lorena Segura ficha polo Ensino de Lugo

A valenciana Lorena Segura ficha polo Ensino de Lugo

Forma parte da canteira do Valencia Básquet

G24.gal 07/06/2022 11:51 Última actualización 07/06/2022 12:25

O Ensino ficha á xogadora valenciana, Lorena Segura.

A valenciana, chegou a Valencia Basket en 2015 con 15 anos como cadete de primeiro ano. Na campaña 2018/19, mentres estaba vinculada no Picken Claret de LF2, chegou o seu debut co primeiro equipo taronja en LF Endesa. Lorena converteuse así na primeira muller na historia do Club en formar parte do Mur dels Somnis. Xa na 2020/21 o seu gran traballo permitiulle facerse un oco como unha xogadora máis no persoal de Rubén Burgos.

Nese ano conseguiu co equipo o título da EuroCup Women, o primeiro na historia da sección feminina, e chegar ás finais de Copa da Raíña e LF Endesa. Nesta pasada tempada levantou os títulos de Supercopa LF Endesa e SuperCup Women e alcanzou co equipo a unha nova final de liga. Neste tempo co primeiro equipo, a exterior xogou 82 partidos, anotado 164 puntos, metido 30 triplos, repartido 32 asistencias, colleito 75 rebotes e conseguido 22 roubos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar