Cargando resultados...
A última vitoria do Celta no Bernabeu foi na Copa de 2017
Só queda Aspas daquel Celta que gañou 1-2 con goles do moañés e de Jonny
G24.gal
02/05/2025 15:03
Última actualización 02/05/2025 15:22
Iago Aspas fai as contas para estar en Europa. O moañés sitúa o billete europeo nos 52 puntos. O Celta ten 46 puntos, e vai defender a sétima praza nestes cinco partidos que restan. Ten tres visitas, Bernabeu, Anoeta e Xetafe... e dous partidos na casa, ante Sevilla e Raio Vallecano.
A última vez que o Celta venceu no Bernabeu foi en xaneiro do ano 2017. Aquela noite, en eliminatoria de Copa, os vigueses gañaron no feudo do Real Madrid por 1 gol a 2, con goles de Iago Aspas e Jonny. Aspas é o único supervivente daquel Celta de Berizzo, co Chelo Díaz e o Tucu Hernandez. Foi o Celta que chegou a semifinais da Europa League, o último que logrou gañar no Bernabeu.
