Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE pide vacinar todos os adultos e priorizar maiores de 40 e vulnerables

A UE pide vacinar todos os adultos e priorizar maiores de 40 e vulnerables

 En España, polo momento, só se aplica reforzo aos maiores de 60 anos e ao persoal sociosanitario

Darias apoia a estratexia de doses de reforzo do Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades

G24.gal 24/11/2021 17:59

O Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) pide á UE que focalice as súas accións en vacinar os non vacinados, manter as medidas de saúde pública en vigor durante as vacacións e, na medida do posible, administrar xa a dose de reforzo a maiores de 40 anos, anciáns e persoas vulnerables.

Tras a publicación do informe, a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen dixo: "Está claro que debemos intensificar a vacinación para controlar a pandemia". Tamén confiou en poder "convencer" a poboación que aínda se resiste á vacina.

"O reforzo debe estar dispoñible para todos os adultos, con prioridade para os maiores de 40 anos e a poboación vulnerable. E sigamos con distancia e máscara!", pediu Von  der  Leyen, en liña coas recomendacións do ECDC.  

O informe alerta de que o nivel medio actual de consumo de vacinas na UE será insuficiente para limitar a carga de casos de COVID–19 e hospitalizacións durante os meses de inverno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade