Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade non administrará a dose de reforzo a todos os adultos de xeito inminente

Sanidade non administrará a dose de reforzo a todos os adultos de xeito inminente

A Interterritorial prorroga a ocupación dos espazos deportivos tal e como estaba ata agora

G24.gal 24/11/2021 18:50

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, e a vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera, compareceron tras a xuntanza conxunta da Conferencia Sectorial de Medioambiente e o Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.

Carolina Darias ve con bos ollos a estratexia de doses de reforzo que está impulsando a Unión Europea, pero defende o plan español de incorporar de xeito paulatino outros grupos máis vulnerables. xa sexa por idade ou por déficit de inmunidade.

A ministra asegurou que "a folla de ruta de España está baseada en potentes principios éticos e científicos". Asegurou que o noso país vai seguir incorporando novos grupos cando o propoña a Ponencia de Vacinas e o aprobe a Comisión de Saúde Pública.

Lembrou que a dose de reforzo se administrou primeiro nas residencias de maiores e ás persoas vulnerables. Despois tocoulle a quenda aos maiores de 70 anos e este martes aprobouse para os maiores de 60.

Insistiu en que o fundamental é vacinar coa terceira dose a estes colectivos, que representan 16 millóns de persoas e son os que máis riscos padecen antes do Nadal, época de aumento dos contactos e da mobilidade. 

Prórroga da ocupación dos espazos deportivos

Respecto ás medidas tomadas pola nova vaga da pandemia só salientou que a ocupación dos espazos deportivos prorrógase e mantense como ata o de agora: 100 % en exteriores, 80% en interiores, sempre coa prohibición de fumar, comer e beber, ademais da obrigatoriedade do uso das máscaras.

Minuto a minuto

19:25

O novo Plan estratéxico de Saúde e Medio Ambiente integra varias áreas de acción: cambio climático, calidade de aire ou a identificación doutros cambios relativos a outro tipo de residuos, explica a vicepresidenta do Goberno, Teresa Ribera

19:32

Temos máis de 400 actuacións para levar a cabo entre as administracións locais e autonómicas (Teresa Ribeira)

19:33

A taxa semanal de casos é superior nas persoas non vacinadas (Carolina Darias)

19:34

A incidencia sobe case 10 puntos ata os 149 casos por cada 100.000 habitantes

19:36

A ocupación hospitalaria presenta unha situación estacionaria con tendencia ao incremento pero dentro dunhas porcentaxes razonables. En planta ronda o 2 por cento e nas UCI rexistra arredor do 5,7 por cento, apunta Carolina Darias

 

19:37

'Hai que centrar a vacinación sobre todo nos maiores de 70 anos', segundo a ministra de Sanidade

19:39

No ámbito deportivo hai prórroga dos aforos nos mesmos termos que viñan dándose ata agora: 100% de aforo en exteriores, 80%, en interiores e coa prohibición de fumar, comer e beber, ademais da obrigatoriedade do uso das máscaras

19:41

A taxa de casos notificados en persoas vacinadas está en torno a 23 e nas non vacinadas en torno a 181, detallou a ministra de Saúde, que ademais incidiu en que o obxectivo prioritario ten que ser a prevención e a vacinación 

19:50

A posición do ECDC reforza a estratexia de España: vacinar aos máis vulnerables primeiro e continuar o mesmo procedemento coas doses de reforzo, explica Darias

19:53

'Temos que seguir vacinando porque nos permite chegar a este punto cunha situación moi diferenciada a países da contorna e tamén distinta a outras vagas anteriores', lembra a ministra de Sanidade

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade