Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE expulsa sete bancos rusos do sistema SWIFT

A UE expulsa sete bancos rusos do sistema SWIFT

A vicepresidenta Calviño di que as "sancións sen precedentes" xa están tendo efecto

Antón Montero 02/03/2022 20:21

Sete dos principais bancos rusos non poderán utilizar o sistema SWIFT de pagos interbancarios. É unha das decisións que adoptaron os ministros de Economía dos 27 como resposta á invasión de Ucraína.

Tamén se prohibiu o envío de billetes de euro a Rusia e se suspendeu a emisión en Europa dos medios prorrusos Sputnilk e Russia Today. Ademais, a Unión Europea acordou o envío de 600 millóns de euros a Ucraína antes do 15 de marzo.

A ministra de Economía asegura que a Unión Europea está unida e decidida a seguir castigando a Rusia ata que retire as tropas do país veciño.

Nadia Calviño di que hai unha "unánime determinación de todos os socios europeos para seguir adoptando sancións contundentes, eficaces e sen precedentes que xa están tendo un impacto moi significativo sobre a economía rusa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade