Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE e a OTAN ven a Rusia como "a ameaza máis grave" á seguridade

A UE e a OTAN ven a Rusia como "a ameaza máis grave" á seguridade

Bruxelas e a Alianza Atlántica reforzan a súa cooperación

G24.gal 10/01/2023 20:53 Última actualización 10/01/2023 21:12

A OTAN e a Unión Europea reforzan a súa cooperación para afrontar a ameaza de Rusia no leste do continente, xusto cando varios socios comunitarios liderados por Francia e Alemaña van entregar máis material bélico a Ucraína. E un novo reto segue a medrar. A Alianza Atlántica e a UE advirten sobre as políticas da China.

A China e Rusia son os dous únicos países que aparecen como un reto nesta cooperación conxunta. Asinada entre o secretario xeral da Alianza e a presidenta da Comisión.

Para a OTAN e a Unión Europea, Beijing emerxe como un competidor estratéxico e as súas políticas crean desafíos ao loitar polas mesmas esferas de poder, de comercio ou economía.

Pero tanto a UE como a Alianza Atlántica seguen a ver a Moscova como a maior ameaza de seguridade para o continente. E comprométense a reforzar o seu apoio a Ucraína. Os 27 socios da Unión xa entregaron 50.000 millóns de euros en axuda económica, material e militar a Kíiv.

Moi cedo, varios socios europeos poderían imitar a Francia e Alemaña e aumentar o envío de armas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar