Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta asina un convenio con 17 entidades de atención á diversidade para finaciar o transporte escolar adaptado

A Xunta asina un convenio con 17 entidades de atención á diversidade para finaciar o transporte escolar adaptado

Estes convenios dan servizo en 77 rutas a uns 450 alumnos que asisten a máis dunha vintena de centros

O Goberno galego inviste case 2 millóns de euros, un 3 %

Momento da sinatura do convenio, este xoves
G24.gal 31/07/2025 14:17

A Xunta asinou un convenio con 17 entidades de atención á diversidade para financiar o servizo de transporte escolar adaptado. O Goberno galego inviste case 2 millóns de euros, un 3 %

O conselleiro de Presidencia Diego Calvo asinou este xoves os convenios de colaboración con representantes das 17 entidades especializadas en atención á diversidade para facilitar un servizo de transporte escolar adaptado.

A través destes acordos a Xunta investirá máis de 1,9 millóns de euros no curso 2025-2026, un 3 % máis que o curso pasado.

Acompañado pola directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, o conselleiro lembrou que o convenio non cobre unicamente o transporte, senón tamén a atención especializada que necesiten estes alumnos.

Estes convenios dan servizo en 77 rutas a uns 450 alumnos, que asisten a máis dunha vintena de centros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade