Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cachafeiro (PP) volve á alcaldía de Forcarei e promete que o primeiro será aprobar uns orzamentos

Cachafeiro (PP) volve á alcaldía de Forcarei e promete que o primeiro será aprobar uns orzamentos

Belén Cachafeiro, que xa fora alcaldesa entre 2012 e 2019, recupera o posto tras prosperar a moción de censura contra a socialista Pichel

Belén Cachafeiro recupera a alcaldía de Forcarei.
G24.gal 31/07/2025 14:15

A popular Belén Cachafeiro volve a ser alcaldesa de Forcarei (Pontevedra) ao prosperar a moción de censura contra a socialista Verónica Pichel. 

A primeira tarefa que prometeu facer é aprobar os orzamentos municipais en seis anos.

Cachafeiro volveu levantar o bastón de mando, que xa tivo entre 2012 e 2019, ante os veciños do concello. A moción de censura saíu adiante con seis 'síes', cinco do PP e un do ex concelleiro socialista Rafael Fiestras, e cinco 'nons' dos catro representantes do PSdeG e do edil do BNG Roberto Jorge.

A alcaldesa saínte quedou en minoría pola saída do grupo socialista de Rafael Fiestras en 2023.

'Nova' etapa no concello

Logo de xurar o cargo, Cachafeiro prometeu abrir unha nova etapa no Concello de Forcarei. No seu discurso, a candidata dixo que hai moitas cousas que non funcionan debido á falta de xestión de Pichel.

Explicou que hai 13 parroquias no municipio case abandonadas e que teñen moitos gastos pendentes debido ao anterior goberno.

Asegura que vai facer un goberno con maiúsculas, actuando con lealdade e rigor sen depender de caprichos e partidos que o único que queren é que non gobernen os populares.

Cachafeiro agradeceu o apoio aos veciños e familiares que asistion ao salón de plenos, xunto co PP galego. Tamén destacou a valentía do edil non adscrito que firmou a moción de censura.

"Sei que cometín erros e espero non volver cometelos", dixo cara ao final do seu discurso.

Ao rematar o pleno, un grupo de veciños comezaron a aplaudir portando carteis que dicían 'Forcarei con Belén'.

Un pleno tranquilo

O pleno desenvolveuse con total normalidade comezando ás 12:00 horas.

Pichel, a alcaldesa saínte, saudaba aos veciños minutos antes da sesión, mentres Cachafeiro xa estaba dentro. 

O pleno foi presidido por Ricardo Villaverde, do PP, que era o concelleiro de meior idade despois de Cachafeiro. O secretario exerceu o tamén popular Alejo Vidal, como membro máis novo.

Este último foi quen defendeu a moción de censura cargando contra a capacidade regresiva do PSOE e do BNG que deixaron a Forcarei seis anos sen orzamentos, xerando diversos problemas como demoras nos pagos a provedores por exemplo.

Ademais, Vidal criticou o desprezo de Pichel pola orde legal, xa que non convocou plenos ordinarios nin extraordinarios coa periodicidade pactada.

Pichel respondeu e defendeuse

Tralas palabras do edil do PP, a socialista defendeu a súa xestión e manifestou o seu desacordo co edil. 

"Pero as regras do xogo son así e non nos queda máis que aceptalas", expresou a socialista.

A rexedora saínte desexou moito éxito na xestión a Cachafeiro polo ben de Forcarei. Tamén prometeu que o grupo socialista apoiará as mocións que sexan boas para o municipio.

Con todo, Pichel confía en que en dous anos os veciños volvan dar a súa confianza á lista socialista nas urnas.

O BNG, crítico co PSOE

Polo BNG, Roberto Jorge, non escatimou en críticas cara á xa exalcaldesa. Destacou que os incumprimentos do PSOE leváronos ata alí e tamén lamentou que o PP retorce todo o posible a lexislación para chegar ao poder, aínda que dixo respectar o criterio do Tribunal Constitucional.

O outro protagonista foi Fiestras, o non adscrito que permitiu o cambio de goberno. El tamén se dirixeu á alcaldesa saínte para explicarlle a súa decisión.

"Polas miñas ideas, hoxe voto a moción de censura contra ti, Verónica Pichel", explicou.

Ao concluír a votación, que lanzou un resultado sen sorpresas, e antes do discurso de Cachafeiro, a rexedora saínte e os concelleiros do PSOE e do BNG abandonaron o salón de plenos xunto coa metade do público.

Curiosamente, os poucos reproches dos asistentes ían contra o concelleiro do Bloque, ao que pedían que loitase polo seu pobo e instábanlle a quedar para escoitar a intervención da nova alcaldesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade