Publicador de contidos

Publicador de contidos

Europa e os Estados Unidos chegan a un acordo para evitar a guerra comercial

Europa e os Estados Unidos chegan a un acordo para evitar a guerra comercial

A Unión Europea admite, como mal menor, os aranceis do quince por cento impostos por Trump

G24.gal 27/07/2025 13:18 Última actualización 28/07/2025 09:02

O presidente norteamericano Donald Trump e a presidenta da Comisión Europea Ursula Von der Leyen chegaron a un acordo en Escocia para evitar a guerra comercial. O acordo, do que non se coñecen os detalles polo momento, podería ser beneficioso para os Estados Unidos e establecer uns aranceis do quince por cento para os produtos europeos.

Ao comezo da reunión, Trump volvera sinalar que había tantas posibilidades de éxito coma de fracaso. A dirixente europea, antes de entrar, xa admitiu boa parte dos postulados do mandatario norteamericano.

A reunión entre a delegación norteamericana e a europea comezou a media tarde en Escocia, nun dos campos de golf propiedade do presidente norteamericano.

Desde o primeiro momento, Donald Trump dixo que había tantas posibilidades de éxito coma de fracaso. Pouco despois, fontes do executivo comunitario confirmaban que xa chegaran a un acordo cos Estados Unidos para pechar a guerra comercial aberta a comezos de marzo, que podería ir a máis a partir do un de agosto.

Polo momento non se coñecen os detalles do acordo, pero probablemente pasen pola imposición duns aranceis do quince por cento a todos os produtos europeos que entren nos Estados Unidos, un acordo similar aos que asinaron co Reino Unido ou co Xapón.

A presidenta da Comisión Europea admite que Estados Unidos perde no intercambio comercial ata o de agora.

No comezo da reunión, Trump suliñou que Europa ten que abrirse, máis, aos productos norteamericanos e que en Europa teñen que poder entrar produtos do agro ou da industria automobilística estadounidense.

A presidenta europea asumiu boa parte do discurso de Donald Trump, admitindo que a relación comercial entre Europa e os Estados Unidos é, ata o momento, beneficiosa para os europeos. Ursula Von der Leyen admitiu tamén que hai que reequilibrar e facer máis sostible a relación entre os dous bloques.

A relación comercial entre os Estados Unidos e Europa é a máis intensa do mundo, xa que cada día se intercambian arredor de 2.400 millóns de euros, cun déficit para os norteamericanos próximo aos 200.000 millóns de euros anuais.

Trump chegou este venres a Escocia e estivo xogando ao golf nun campo da súa propiedade

Donald Trump agardou a reunión xogando ao golf nun campo escocés da súa propiedade, compatibilizando os seus intereses particulares cos que ten como presidente norteamericano. O mandatario estadounidense chegou este venres a Escocia e, desde o primeiro momento, exhibiu o seu talante polémico afirmando que Europa vai ao desastre se non para o que denominou como a dobre invasión: a dos inmigrantes e a dos muíños de vento.

E neste contexto, despois dunha longa negociación, reúnese esta tarde o presidente Trump coa presidenta da Comisión Europea Ursula Von der Leyen coa esperanza de chegar a un acordo arancelario equilibrado e estable que evite a guerra comercial a partir do próximo un de agosto.

Polo que se sabe ata o momento, o posible acordo pasaría por un imposto do quince por cento ás exportacións europeas, nun pacto similar ao que os Estados Unidos acaba de asinar co Xapón.

Se non hai acordo, Trump imporá aranceis aos produtos europeos a partir do un de agosto

Antes de viaxar a Europa, Trump dixo que hai un cincuenta por cento de posibilidades, quizais menos, de chegar a un acordo coa Unión Europea. O dirixente norteamericano ameazou con aranceis do 30 por cento de todos os produtos europeos se non hai acordo.

A Unión Europea tamén ten listas fortes sancións aos produtos norteamericanos

A Unión Europea estará representada na xuntanza pola presidenta de Comisión Ursula Von der Leyen e o comisario de Comercio Olof Gill. Os representantes da Unión confían nun acordo que evite a previsible guerra comercial cos Estados Unidos a partir do un de agosto, pero, se non hai acordo, Europa adoptaría sancións de máis de 93.000 millóns de euros contra os produtos norteamericanos a partir do sete de agosto.
 

Donald Trump agardou a reunión xogando ao golf nun club da súa propiedade, en Escocia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade