Publicador de contidos

Publicador de contidos

A TVG e o Clúster do Audiovisual traen o Celtic Media Festival 2027 a Galicia

A TVG e o Clúster do Audiovisual traen o Celtic Media Festival 2027 a Galicia

O festival, unha plataforma estratéxica para impulsar a proxección exterior do audiovisual galego e novas colaboracións no ámbito europeo, celebrarase na Coruña 

Rematou en Belfast a edición de 2026, no que a película da TVG ‘+ Cuñados’ obtivo o premio á mellor comedia

G24.gal 05/06/2026 11:24

Galicia acollerá o Celtic Media Festival 2027, na cidade da Coruña do 1 ao 3 de xuño. O labor conxunto da TVG e o Clúster do Audiovisual Galego fixo posible que a 48ª edición do prestixioso certame, o principal encontro internacional dedicado á promoción das linguas, culturas e industrias audiovisuais das nacións celtas, vaia ter lugar en Galicia.  

O Celtic Media Festival reúne anualmente profesionais, produtores, directivos de medios e responsables de contidos dos territorios celtas de Europa e recoñece os seus mellores traballos en televisión, radio, cinema e novos medios.

O programa do evento combina conferencias, actividades profesionais, sesións de networking, foros de coprodución e a entrega dos prestixiosos Torc Awards for Excellence, considerados entre os galardóns máis relevantes do sector audiovisual e radiofónico.

Nesta contorna, as producións galegas compiten con operadores e plataformas de referencia como a BBC, RTÉ, TG4, S4C, MG ALBA ou France 3 Bretagne. Na edición deste ano, rematada o xoves en Belfast (Irlanda do Norte), a longametraxe da TVG ‘+ Cuñados’, alzouse co premio Celtic Media na categoría de Comedia.

O festival percorreu territorios como Escocia, Irlanda, Gales, Bretaña, Cornualles ou a Illa de Man, consolidándose como unha referencia internacional para a creación audiovisual en linguas minorizadas e para a promoción da diversidade cultural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade