Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tormenta Elliot abandona os Estados Unidos, deixando tras de si polo menos 22 mortos

A tormenta Elliot abandona os Estados Unidos, deixando tras de si polo menos 22 mortos

O mal tempo obrigou a cancelar 2.800 voos este domingo

A maior parte das vítimas morreron atrapadas nos coches ou en accidentes de tráfico
G24.gal 25/12/2022 20:32 Última actualización 25/12/2022 20:42

O temporal que mantivo inmobilizadas amplas zonas dos Estados Unidos desde o pasado xoves comeza a remitir este domingo, aínda que mantén temperaturas inusualmente baixas.

O servizo meteorolóxico norteamericano di que a tormenta Elliot, definida polos especialistas coma unha bomba ciclónica causada por unha fronte de aire ártico, vaise ir debilitando mentres avanza cara ao leste dos Estados Unidos.

Elliot obrigou a cancelar 2.800 voos este domingo

As autoridades lembran que 190.000 persoas seguen baixo alerta por nevadas, a maior parte delas no estado de Nova York. Outros 260.000 cidadáns seguen sen luz. 

A tormenta Elliot mantén pechados tamén os aeroportos de Milwaaukee e de Búfalo. O mal tempo obrigou a suspender 2.800 voos este domingo, que se unen aos máis de once mil cancelados desde o xoves.

Polo menos 22 persoas morreron a consecuencia do temporal

A tormenta, que frustrou as vacacións de nadal de miles de persoas nos Estados Unidos, deixa tras de si polo menos vinte mortos, a maior parte deles atrapados nos seus coches durante as nevadas e outros falecidos en accidentes de tráfico. 

As autoridades norteamericanas pídenlle á xente que non viaxe por estrada nas zonas afectadas, xa que pode ser moi perigoso. Tamén lle piden, a nacionais e estranxeiros, que se informen ben se queren viaxar a algún punto dos Estados Unidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar