Publicador de contidos

Publicador de contidos

A suba do gasóleo afoga os transportistas

A suba do gasóleo afoga os transportistas

O gasto en gasóleo aumentou un 40 por cento

Manteñen o paro para o mes de decembro

A contía dos gastos mensuais dos transportistas ascende a 1.500 euros
G24.gal 15/11/2021 14:40

Cada vez que un transportista pon en marcha o seu camión, o contador de quilómetros non é o único que se activa. Encher un depósito de mil litros cústalle 1.400 euros, 400 euros máis que hai un ano. Pero non é o único gasto que vai sumando ao iniciar a marcha. 

"Que máis custos hai pois un aditivo coma o adblue que nos últimos dous meses dobrou o seu prezo, reparacións, pneumáticos", explica Alberto Vila, xerente da asociación Apetamcor.

Soben os gastos, pero non os prezos que lles pagan polo seu servizo. As tarifas das cargadoras, fixan un prezo de  "sobre 70 ou 80 céntimos por quilómetro, cando mesmo no Observatorio de custos do ministerio o prezo supera o euro", di José Fernández, vicepresidente da asociación Tradime.

Son prezos pechados que non se poden negociar para adaptalos á flutuación dos gastos: "Ese prezo á baixa ou pechado onde nos non temos posibilidade de negociación ou incremento dos nosos custos", engade José Fernández.

En España hai cen mil empresas de transporte. A metade son medianas empresas cunha frota non superior aos catro vehículos e o 40 por cento son autónomos.

"Un vehículo que factura 10.000 euros ten un incremento de custos de explotación arredor dos 1.500 euros", explica Alberto Vila, e asegura que a situación do sector é de "afogamento económico, as empresas están nun momento crítico, chegando a unha situación límite porque non se pode traballar indefinidamente a perdas". 

A situación precaria do sector fai que algunhas empresas empecen xa a reducir a súa frota. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade