Cargando resultados...
A suba de prezos tamén afecta os produtos do mar
A inflación, o cambio de hábitos de consumo do verán e a escaseza dalgunhas especies explican o incremento
G24.gal
29/07/2022 14:27
A inflación e o aumento da demanda propio desta época de verán teñen que ver con que incrementen os prezos dos peixes, dos mariscos e, sobre todo, do polbo.
Os praceiros cada vez teñen menos marxe de beneficio e os consumidores cada vez teñen que facer un gasto maior. O prezo do polbo non arreda os consumidores, e quen tiña idea de mercalo non marcha sen el.
As rutinas do verán, que mudan os hábitos de consumo, marcan cotizacións distintas ao resto do ano. A isto súmase a escaseza dalgunhas capturas.
Comunmente, as queixas de compradores e de vendedores enmárcanse nun contexto xeral de suba de custos.