Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sub 21 faille un sete a San Marino

A sub 21 faille un sete a San Marino

A superioridade da selección reflectiuse en 38 remates

foto axencia EFE
G24.gal 15/11/2025 12:50

Lugo subiuse o carro da selección sub 21, que non tivo piedade de San Marino. 

Marcoulle sete, a metade dos 14 de hai vinte anos cando conseguiu fronte este mesmo rival, a maior goleada histórica do combinado. 

Dezanove minutos tardou Jan Virgili en poñer a pelota na escadra de Amici, o principal inimigo dos de David Gordo o impedirlles con once paradas unha vitoria máis abultada.

De feito, o segundo tanto chegou na última xogada do primeiro tempo cando Miguel Carvalho, do Al Hazem árabe, fixo o dous a cero cun disparo que despistou o meta sanmarinense tras tocar no seu compañeiro Casadel.

A volta do descanso, o mallorquinista Jan Virgili, tras apoiarse no incorporado Pablo García, logrou o terceiro tanto.

E un cuarto de hora despois, Iker Bravo aproveitou un roubo de Jesús Rodríguez para anotar o cuarto tanto que reflectía a absoluta superioridade dos de David Gordo con trinta e oito remates, dezaoito deles a porta.

A selección completou a goleada nos últimos trece minutos con tres novos tantos,, o cinco a cero obra de Marc Guiu. O dianteiro do Chelsea acababa de substituir o madridista Gonzalo.

E no 79, Jesús Rodríguez, que milita no Como da serie A italiana, logrou o sexto tras combinar co seu ex compañeiro Pablo García. Ambos serían tamén os protagonistas do sétimo e último tanto da noite. Penalti a Jesús Rodríguez que lanza Pablo García. Rexeita Amici, pero o dianteiro do Betis continuou a xogada e puxo o sete a cero definitivo.



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade