Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Sociedade Española de Saúde Pública pídelle á Conferencia de Presidentes unha política sanitaria coherente en toda España

A Sociedade Española de Saúde Pública pídelle á Conferencia de Presidentes unha política sanitaria coherente en toda España

O vicepresidente da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria, Eduardo Satué de Velasco, considera que é preciso adoptar medidas restritivas máis drásticas en zonas de alto risco de transmisión do coronavirus

G24.gal 21/12/2021 11:08

A Conferencia de Presidentes debería abordar unha política coherente de saúde pública para facerlle fronte á nova vaga da pandemia. Díxoo esta mañá na Radio Galega o vicepresidente da Sociedade Española de Saúde Pública e Administración Sanitaria, Eduardo Satué de Velasco, que insistiu ademais na necesidade de adoptar medidas máis restritivas ante o avance do coronavirus. En concreto, apuntou limitar as capacidades e horarios dos locais e reducir os contactos interpersoais, sobre todo nas ceas de Nadal, que, segundo o sanitario, deberían facerse en grupos pequenos. 

Os últimos informes demostran, segundo Satué, que a variedade Ómicron é máis transmisible que a Delta, pero con consecuencias máis leves. O perigo desta variedade é que se transmite máis, "contaxia a máis xente e unha pequena parte de moita xente segue sendo bantaste xente", co que o risco de saturación dos hospitais é grande. 

Neste momento, asegura o vicepresidente da SESPAS, a maior presión asistencial está nos Centros de Saúde, na atención primaria, "que está moi saturada, moi desbordada, e os profesionais sanitarios acumulan unha canseira moi grande". Afirma que España ten un serio problema de falta de persoal sanitario cualificado: "Os médicos e persoal sanitario que sae das nosas universidades non atopan aquí boas condicións laborais e emigran a outros países. Isto é unha perda brutal de recursos humanos valiosos que non nos podemos permitir".

Para Eduardo Satué, "o coronavirus vai ser unha enfermidade máis e teremos que convivir con ela, como convivimos coa gripe e con outra doenzas".  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade