A sexta vaga da pandemia modera o seu descenso en España
Galicia deixa de ser a comunidade con menor taxa de camas ocupadas en UCI
A incidencia rexistra un descenso de nove puntos desde onte
Aumentan lixeiramente os casos activos e os contaxios diarios en Galicia
O Ministerio de Sanidade rexistrou este venres, con datos achegados polas comunidades autónomas, 22.400 novos casos de coronavirus, o que eleva a 11.100.428 a cifra total de persoas contaxiadas de Covid-19 desde o inicio da pandemia.
Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que segue reducíndose, situándose nos 463,15 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 472,15 notificado o xoves polo departamento dirixido por Carolina Darias.
En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 174 e 308 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 100.413 persoas.
Actualmente hai 5.693 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 851 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 510 ingresos e 751 altas. A taxa de ocupación de camas por coronavirus sitúase no 4,59 por cento e nas UCI no 9,31 por cento.