Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguen aumentando lixeiramente os casos activos e os contaxios diarios

Seguen aumentando lixeiramente os casos activos e os contaxios diarios

Fai dous anos dos primeiros casos de coronavirus en Galicia

Baixa a ocupación hospitalaria en planta (-6), pero aumenta nas UCI (+1)

O Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19

Jessica Fernández 04/03/2022 10:08

Hoxe cúmprense dous anos do primeiro caso de coronavirus en Galicia e os casos activos seguen subindo lixeiramente por segunda xornada consecutiva (+ 568). En total, hai  16.933 persoas con coronavirus.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan con respecto a onte e rexístranse 1.794 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 3.246 (+36)

Vigo: 3.343 (+53)

Ourense: 2.057 (+122)

Santiago: 3.096 (+146)

Lugo: 2.131 (+90)

Pontevedra: 2.023 (+128)

Ferrol: 950 (-2)

En canto á ocupación hospitalaria, esta baixa en planta (-6), pero aumenta nas UCI (+1). En total, hai 391 e 29 persoas ingresadas respectivamente.

Con todo, o Sergas notificou catro decesos por mor da covid–19, que alzan a cifra a 3.118 falecementos desde o inicio da pandemia.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos