Cargando resultados...
Fanse dous anos dos primeiros casos de coronavirus en Galicia
Daniel, un veciño de Moaña, foi o primeiro caso diagnosticado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
G24.gal
04/03/2022 08:31
Neste 4 de marzo, fai xusto dous anos, nos hospitais de Vigo e da Coruña, dous pacientes recibían un diagnóstico que non esquecerán nunca... tiñan covid–19.
Foron os primeiros casos en Galicia. Dous anos despois, as cousas cambiaron, pero eles nunca esquecerán este día.
Daniel, un veciño de Moaña, foi o primeiro caso diagnosticado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Permaneceu 19 días na UCI e estivo ingresado un mes. Agora atópase en perfecto estado.