Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sexta vaga continua avanzando en España, que suma 100.760 novos casos

A sexta vaga continua avanzando en España, que suma 100.760 novos casos

Aumentan considerablemente os ingresos en planta e máis lixeiramente nas UCI

A incidencia acumulada sitúase en 1.508

G24.gal 29/12/2021 21:15

As comunidades autónomas notificaron este mércores ao Ministerio de Sanidade 100.760 novos casos de covid-19, 59.867 deles diagnosticados nas últimas 24 horas. Estas cifras son superiores ás do mesmo día da semana pasada, cando se notificaron 60.041 positivos, o que evidencia a tendencia á alza na evolución da pandemia.  

A cifra total de contaxios en España elévase xa a 6.133.057 desde o inicio da pandemia, segundo as estatísticas oficiais. A incidencia acumulada nos últimos 14 días por 100.000 habitantes sitúase en 1.508,39, fronte a 1.360,62 onte. Nas pasadas dúas semanas rexistrouse un total de 715.741 positivos.  

No informe deste mércores engadíronse 78 falecementos, en comparación con 50 o mércores pasado. Ata 89.331 persoas con proba diagnóstica positiva faleceron desde que o virus chegou a España, de acordo cos datos recolleitos polo Ministerio. Na última semana faleceron 271 persoas con diagnóstico de Covid-19 positivo confirmado en España.  

Actualmente, hai 10.411 pacientes ingresados por COVID-19 en toda España (9.852 onte) e 1.773 en UCI (1.736 onte). Nas últimas 24 horas, producíronse 1.727 ingresos (1.491 onte) e 1.239 altas (1.105 onte). A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 8,51 por cento (8,06% onte) e nas UCI no 19,10 por cento (18,71 onte).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos