Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sexta onda tamén afecta a Primeira Federación

A sexta onda tamén afecta a Primeira Federación

G24.gal 02/01/2022 15:32

Todo é incerteza por saber como traballará o Deportivo esta semana. Mañá regresarán a Abegondo despois de 3 días de descanso e será cando realicen o cribado para saber os xogadores que terá a disposición Borja Jiménez.

O equipo xa modificou hábitos de convivencia internos por mor do virus que xa afectou a varios xogadores en decembro. A covid non só afecta ao potencial sobre o céspede. Riazor terá restricións de entrada este domingo ante o Talavera.

Mañá tamén abre o mercado invernal e o atacante sevillano Álvaro Rey podería regresar a Galicia desexado polo Deportivo, catro anos despois de marchar da Malata.

Alí, en Ferrol o Rácing voltou hoxe ao traballo sen detectar ningún positivo novo no equipo. Alén das dúas baixas actuais. Prepáranse para visitar o DUX Internacional, e aferrarse aos postos de fase de ascenso.

No Celta B a nova vaga da pandemia condicionará tamén os plans de Onésimo para recibir á SD Logroñés, pendente das necesidades creadas no primeiro equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar