Cargando resultados...
A selección española reponse fronte a Montenegro
O equipo de Miguel Méndez aínda pode ser primeiro de grupo

G24.gal
17/06/2023 09:42
No Eurobasket feminino, a selección española logrou reaccionar tras a derrota na estrea a fíxose cun triunfo claro fronte a Montenegro.
O equipo de Miguel Méndez dominou durante a primeira parte grazas ao acerto exterior de María Conde. Montenegro mellorou no terceiro cuarto e chegou a colocarse a un só punto.
Daquela, volveu o acerto ofensivo do equipo español para asegurar un triunfo vital. As galegas achegaron na anotación, Paula Ginzo, 8 puntos, e Raquel Carrera, 6.
España aínda pode ser primeira de grupo. Para iso deberá derrotar mañá a Grecia, que onte superou a Letonia.