Cargando resultados...
A Sectorial de Emprego pon no foco mellorar o acceso ao traballo de parados de longa duración
A estratexia pactada polo Ministerio de Traballo e as comunidades autónomas estará vixente ata o 2028
G24.gal
21/05/2025 14:45
A Conferencia Sectorial de Emprego aprobou pór en marcha unha estratexia de políticas activas de emprego, consensuada entre o ministerio e as comunidades autónomas, e que estará vixente ata o 2028.
Segundo asegurou a ministra de Emprego, Yolanda Díaz, o obxectivo é mellorar a empregabilidade dos parados de longa duración e que deben ser obxecto de atención prioritaria para todas as administracións.