Publicador de contidos

Publicador de contidos

A sardiña loce nos postos galegos a un prezo de entre cinco e seis euros a ducia

A sardiña loce nos postos galegos a un prezo de entre cinco e seis euros a ducia

Aínda non se sabe se os barcos poderán ir pescar o domingo 22 para ter sardiña fresca

G24.gal 05/06/2025 14:04

Nos postos do mercado da praza de Lugo, na Coruña, atopamos sardiña abondosa e saborosa.

"Cantas ducias queres?". "E está ben boa". "Eu aínda a comín onte, e está moi boa", comentan as vendedoras.

E, segundo as vendedoras, tamén a bo prezo.

"As deste tamaño... cinco, seis euros. Está moi ben".

Isto cando aínda faltan 18 días para a noite meiga. Pero para o San Xoán é imprevisible o prezo... e tamén se vai haber sardiña, porque, ao ser luns, os barcos terían que saír pescar o domingo e, polo momento, non contan co permiso pertinente.

 "A ver se ao final lles deixan saír para traer sardiña fresca...", "Pero, vaia, na neveira aguanta". "O caso é ter sitio...".

Outra opción sería mercala antes e conxelala.

"Conxela ben. Pero a sardiña hai que tomala fresca...".

En canto ao prezo para entón...

"Depende se hai... se hai moita... Outros anos que houbo pouca chegou aos 18-20 euros".

Non se sabe a canto se venderá este manxar de San Xoán nos días da celebración, pero máis cara que agora, seguro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade