A salvo o ocupante dun vehículo que caeu ao mar en Burela
A salvo o ocupante dun vehículo que caeu ao mar en Burela
Unha persoa que viu o accidente lanzouse á auga e conseguiu rescatalo
O ocupante dun vehículo que caeu ao mar este mércores no porto de Burela e a persoa que se lanzou á auga e conseguiu rescatalo están ben. No momento do suceso estaba no interior do coche unha moza, pero arriba estaba seu pai que se lanzou rapidamente a axudala.
Os dous foron evacuados ao Hospital Público da Mariña para recibir atención médica. Todo quedou nun susto grazas a que nesta zona hai pouca profundidade e estaba ademais baixando a marea.
Un particular achegou coa súa embarcación os bombeiros para poder amarrar o coche que despois foi retirado por un guindastre. Un descoido ou un fallo mecánico son as hipóteses que agora barallan os veciños da zona.
O suceso produciuse ao redor das tres e media da tarde e no lugar interviñeron a Garda Civil, Salvamento Marítimo, Portos, Gardacostas e Protección Civil, así como o GES de Cervo.