Cargando resultados...
A Ruta Quetzal 2024 percorrerá Galicia, Portugal e Estremadura
A edición deste ano partirá dende Vilanova de Arousa e rematará na Ribeira Sacra
G24.gal
15/05/2024 14:48
Galicia, Portugal e Estremadura será o percorrido que fagan os 200 mozos seleccionados para participar nunha nova edición da expedición Ruta Quetzal, que este ano partirá dende Vilanova de Arousa e rematará na Ribeira Sacra.
Segundo o director xeral de Turismo, que Galicia se poida proxectar a través dun proxecto tan importante, con 50 anos de historia é unha colaboración da que sentirse especialmente orgullosos.